Portal IDEG

Estás en:
Compartir

Compártao :

INSPIRE

A directiva INSPIRE

A Directiva Inspire (Infrastructure for Spatial Information in Europe) establece as regras xerais para o establecemento dunha Infraestrutura de Información Espacial na Comunidade Europea baseada nas Infraestruturas dos Estados membros. Aprobada polo Parlamento Europeo e o Consello o 14 de marzo de 2007 (Directiva 2007/2/CE), entra en vigor aos vinte días da súa publicación, o 25 de abril de 2007, no Diario Oficial da Unión Europea.

A Directiva 2007/2/CE foi desenvolvida en colaboración cos Estados membros e países en proceso de adhesión co propósito de facer dispoñible información xeográfica relevante, concertada e de calidade de forma que se permita a formulación, implementación, monitoraxe e avaliación das políticas de impacto ou de dimensión territorial da Unión Europea.

A transposición desta Directiva ao ordenamento xurídico español desenvólvese a través da Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (LISIGE). O Consejo Superior Geográfico exerce como punto de contacto coa Comisión Europea para o desenvolvemento da Directiva Inspire en España.

Para asegurar que as infraestruturas de datos espaciais dos Estados membros sexan compatibles e interoperables nun contexto comunitario e transfronteirizo, a directiva esixe que se adopten Normas de Execución comúns (Implementing Rules) específicas para as seguintes áreas: metadatos, conxuntos de datos, servizos de rede, servizos de datos espaciais, datos e servizos de uso compartido e seguimento e informes. Estas normas considéranse Decisións ou Regulamentos da Comisión e por tanto son de obrigado cumprimento en cada un dos países da Unión. A implementación técnica destas normas realízase mediante as Guías Técnicas ou Directrices (Technical Guidelines), documentos técnicos baseados en estándares e normas Internacionais.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional