O Plan galego de cartografía e información xeográfica é o instrumento básico da planificación da produción da cartografía da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico, así como do uso e da difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio de Galicia. Ten como finalidade garantir a coherencia e a interoperabilidade dos datos espaciais, favorecer a eficiencia no gasto público e asegurar a calidade da produción cartográfica e a súa utilidade como servizo público.