Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Publícanse os plans xerais de ordenación municipal de Aranga e Xunqueira de Espadañedo no portal do planeamento urbanístico de Galicia

Tamén se incorporaron modificacións no planeamento xeral da Illa de Arousa, Sarria e A Coruña e novidades doutros concellos (Vigo, Lalín, A Coruña, Ferrol, O Corgo e Dumbría).

Na última actualización do portal do sistema de informacion de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia incorporáronse:

  • O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Aranga, segundo Orde do 16 de decembro de 2013, e o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Xunqueira de Espadañedo, segundo Orde do 19 de abril de 2013.
  • Modificacións puntuais de Planeamento xeral dos concellos da Illa de Arousa, Sarria e A Coruña.
  • Planeamento de desenvolvemento do concello de Vigo.
  • Plan de Sectorización do concello de Lalín.
  • Estudos de detalles dos concello de Oleiros, A Coruña (2) e Ferrol.
  • Delimitacións de Núcleo Rural nos concellos do Corgo (2) e Dumbría.

Para maior comodidade dos usuarios nesta publicación aumentouse a resolución dos arquivos e, no formato pdf, é posible a busqueda textual.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional