Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

O punto de acceso ao Centro de Descargas da Información Xeográfica de Galicia incorpora nova información, co que conta xa con máis de 46.900 arquivos para descargar

O Instituto de Estudos do Territorio vén de publicar unha nova revisión da aplicación web CDIX (Centro de Descargas de Información Xeográfica) da plataforma mapas.xunta.es que xa leva meses en funcionamento, dende maio de 2012. Nesta actualización, o visor xeográfico conta coa incorporación de miles de novos ficheiros con contido xeográfico para o uso público, acumulando 46.950 arquivos entre series cartográficas en PDF, ortofotografías aéreas e ficheiros de datos LIDAR.

A plataforma conta cun mapa e ferramentas para facer procuras por topónimo, coordenadas ou códigos catastrais para poder situarse nun lugar determinado. A través de diferentes mallas de descarga pódese acceder a un numeroso número de ficheiros con información gráfica da comunidade autónoma.

Como novidade incorpóranse ao centro de descargas a cobertura completa de Galicia do mapas de alturas de obxectos obtida a partir dos datos LIDAR dos anos 2009-2010, a cobertura completa de Galicia da ortofotografía dos anos 2010-2011 e a cobertura completa de Galicia dos mapas que emprega o Modelo Dixital de Superficies xunto cos usos do SIXPAC. En total, nesta mellora póñense a disposición da cidadanía 11.367 novos mapas.

Aínda que a plataforma de CDIX ten como misión ser unha ventá para a descarga de todos estos ficheiros, conta con ferramentas para que calquera poida achegarse ao territorio dende unha cartografía oficial e histórica, como pode ser a Ortofotografía do ano 1956 (coñecida como o Voo Americano) que pode ser superposta con outras capas como o catastro.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional