Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Resumo da Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís

Organizada polo Instituto de Estudos do Territorio coa colaboración da empresa Cartogalicia e a Escola Galega de Administración Pública.

O pasado día 26 de novembro celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada técnica co obxectivo de difundir as aplicacións realizadas con aeronaves pilotadas por control remoto (RPA) en traballos civís relacionados coa información do territorio. Foi organizada polo Instituto de Estudos de Territorio en colaboración con coa empresa galega Cartogalicia, pioneira en España no uso destes vehículos, e a Escola Galega de Administración Pública.

A xornada foi dirixida aos profesionais, empresas e investigadores relacionados con traballos no territorio nos que a o uso de información recollida por estes aparatos é fundamental para o desenvolvemento dos mesmos. Tamén foron invitados técnicos da administración galega e dos concellos. O acto contou coa participación de máis de 180 persoas.

Ao longo destas xornadas abordáronse todos os sectores onde a utilización da tecnoloxía dos RPA é posible e mostráronse as experiencias realizadas ata a data, na súa maior parte en Galicia.

Abriu a xornada o director do Instituto de Estudos do Territorio, Manuel Borobio Sanchiz, que expuxo a necesidade de contar con esta tecnoloxía e deu paso aos relatores. O primeiro poñente foi Álvaro Patiño de AeroLugo, que como institución certificada para a formación de pilotos destes dispositivos, falou sobre a nova regulamentación do sector (RD 8/2014) aprobada polo goberno este verán.

A seguinte presentación versou sobre o tecido empresarial galego neste sector e en especial, se presentou o proxecto COMETA, no que están implicadas varias empresas galegas co obxectivo de fabricar un RPA tecnolóxicamente avanzado en nosa rexión.

Despois,dende o  IET amosáronse os traballos feitos por este departamento para a captura de información xeográfica en varios de seus proxectos. A continuación falouse sobre as aplicacións audiovisuais destes dispositivos por parte do Grupo Vitelsa.

O Intecmar expuxo as súas experiencias con esta tecnoloxía na loita contra a contaminación mariña accidental. No eido agrícola, puidemos ver o uso de imaxes de alta resolución captadas con RPA na mellora do desenvolvemento dos cultivos. Tamén houbo un relatorio da Universidade de Vigo sobre a aplicación no terreo forestal con LiDAR aerotransportado, que tamén serve para a localización e conservación de restos do patrimonio arqueolóxico. E rematou a xornada cos traballos sobre xeomorfoloxía que realiza a Universidade de Santiago con este tipo de dispositivos.
 

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional