Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Novas funcionalidades no SIOTUGA

O Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia segue evolucionando para dar resposta ás demandas das persoas usuarias.

Nestes días púxose en produción unha nova versión do portal de información relativa aos instrumentos de planificación urbanística SIOTUGA. A primeira novidade é a publicación dos servizos WMS de cada planemento municipal para a utilización da súa cartografía a través de ferramentas GIS ou a partir de outros visores web. Deste xeito, a información urbanística de Galicia pódese combinar con calqueira outra capa de información que desexe o usuario.

A segunda actualización ten que ver cunha mellora nas descargas de ficheiros. A partir destes momentos, o portal SIOTUGA utiliza a tecnoloxía desenvolvida para o centro de descargas de información xeográfica (http://mapas.xunta.gal). Deste xeito conséguese unha maior eficacia e seguridade na obtención de ficheiros de planeamento.

Este portal do Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia é un dos compoñentes da Plataforma SIX corporativa máis utilizados e a súa evolución vai dirixida a dar unha mellor resposta ás necesidaes dos seus usuarios.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional