Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Xornada sobre avances na información xeográfica no ámbito autonómico e municipal

O vindeiro 17 de marzo a partires das 10.00 da mañá, no auditorio da sede de Afundación na Coruña, celebrarase a Xornada sobre avances na información xeográfica no ámbito autonómico e municipal.

A xornada está organizada polo Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e nela ofrecerase unha visión das tecnoloxías para xestion da información xeográfica, presentarase a nova base cartográfica galega (BTG10) e exportanse os detalles do novo Regulamento de ordenación da información xeográfica e da actividade cartográfica de Galicia.

Trátase dun acto orientado á Administración Local, pero aberto a toda a cidadanía en xeral, e moi especialmente a todas aquelas persoas que traballan en temas relacionados coa cartografía e os sistemas de información xeográfica, tanto no eido público como privado.

Dado que o aforo é limitado, prégase a todas as persoas interesadas que confirmen a súa asistencia mediante un correo electrónico remitido a secretaria.iet@xunta.gal ou nos teléfonos 981 541 755/ 541 756.

Documentos relacionados

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional