Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Actualización da información xeográfica dispoñible no Visor de Descargas de cartografía coa incorporación da nova Base Topográfica. BTG10

Incorpórase a nova Base Topográfica de Galicia (BTG10) en diferentes formatos no visor de descargas.

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio a través do Instituto de Estudos do Territorio coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), vén de incorporar ao centro de descargas distintos arquivos da nova base topográfica de Galicia.

A nova  Base Topográfica de Galicia a escala 1:10.000, está dispoñible en formato PDF e SHP. Ademais, para facilitar a súa descarga existe a posibilidade de efectuar a selección do  marco de distribución das follas 1:5.000 (4.089 arquivos) ou seleccionando o ámbito territorial do concello (313 arquivos).

A información en formato PDF atópase simbolizada e maquetada, tanto a nivel de folla coma de Concellos para a escala de referencia e lista para ser impresa. Inclúese tamén un arquivo específico coa simboloxía da lenda.

Os datos dos arquivos en formato SHP reflíctense en proxección UTM29, no sistema de referenza ETRS89, e poden ser consumidos ou visualizados en aplicacións SIX (sistemas de información xeográfica).

Deste xeito ponse dispoñible toda a información en distintos formatos para que sexa facilmente accesible e adaptable ás necesidades dos distintos usuarios.

O obxectivo para o futuro é continuar poñendo a información actualizada no mesmo momento en que se revise e se incorporen novos cambios.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional