Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Incorporación da nova Base Topográfica (BTG10) e da Carta Xeométrica de Galicia

Os visores de información xeográfica incorporan dous novos mapas de fondo. A nova Base Topográfica de Galicia (BTG10) e a Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.

O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de presentar a nova base topográfica galega (BTG10) na xornada sobre avances da información xeográfica no ámbito autonómico e municipal, celebrada o pasado mes marzo na cidade de A Coruña.

Esta base xa se atopa incorporada no visor básico, así como no de Conservación da Natureza, e irase engadindo ao resto dos visores accesibles dende o enderezo http://mapas.xunta.gal/mapas-destacados.

Así mesmo, engadiuse no visor básico, con motivo do 200 aniversario do comenzo das tarefas de medición da Carta Geométrica de Galicia realizadas por Domingo Fontán, esta primeira cartografía con carácter métrico de Galicia.

Ámbolos dous mapas pasan a formar parte da relación de mapas de fondo contidos nos diferentes visores e sobre os que se pode superpor o resto de información temática específica.

De cara ao futuro estase a traballar para poñer dispoñibles os servizos web da nova base topográfica e que poidan ser consumidos polos usuarios mediante ferramentas SIX ou incluso en aplicacións para dispositivos móbiles.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional