Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Ortofotografías do ano 1946 das principais cidades de Galicia

O Instituto de Estudo do Territorio está ortorrectificando, dentro do Plan Nacional de Ortofotografía Nacional histórica no que colabora xunto co Ministerio de Defensa e o Instituto Xeográfico Nacional, o primeiro voo da década dos anos 40 realizado polo servizo cartográfico do exército americano.

Como anticipo deste proxecto acábase de incorporar aos visores de información xeográfica unha nova capa de fondo coas ortofotografías das  principais cidades galegas. Estas imaxes súmanse á información xeográfica histórica xeorreferenciada que, como a carta Xeométrica de Galicia ou o voo do ano 56, o Instituto está poñendo nestes últimos anos a disposición dos cidadáns e Administracións Públicas que a poidan necesitar.

A pesares de que a xeración das ortofotografías de voos tan antigos como este da serie A resulta un proceso lento e difícil por causa da falla de calidade das imaxes empregadas ou de datos técnicos dos mesmos, estase a realizar un grande esforzo para ir incorporando este tipo de información debido ao seu gran valor en estudos e análises como poden ser os de cambios en zonas artificias ou urbanas, as dinámicas fluviais e hidrográficas, a evolución das repoboacións e superficies de cultivo, e as variacións producidas en ámbitos mineiros, canteiras ou grandes infraestruturas.
 

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional