Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Visor web de aproveitamentos forestais

Este visor de información xeolocalizada dos espazos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por algunha lexislación de protección do dominio público facilítalles aos operadores económicos unha planificación na xestión forestal respectuosa cos devanditos espazos.

  • 	Visor web de aproveitamentos forestais
    Visor web de aproveitamentos forestais

Galicia é unha das máis importantes potencias forestais de Europa, cunha superficie forestal arborada de máis de 1.400.000 hectáreas, o que representa o 48% de todo o territorio. Delas, máis de 120.000 corresponden a superficie forestal certificada, o que a coloca á fronte do Estado en canto a xestión forestal sostible.

O desenvolvemento rural da nosa comunidade autónoma pasa ineludiblemente polo compromiso cunha xestión que valorice o noso potencial forestal dende o punto de vista socioeconómico e ambiental.

A xestión forestal que garanta a multifuncionalidade do monte galego ten que desenvolverse dun xeito respectuoso co medio ambiente, procurar a rendibilidade económica e social beneficiosa e, ademais, marcar o camiño do futuro dos nosos bosques.

O contido deste visor de información xeolocalizada dos espazos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, conforme aos datos subministrados polos distintos órganos competentes, facilítase de forma que permita aos operadores económicos unha planificación na xestión forestal respectuosa cos devanditos espazos, co carácter de ferramenta corporativa de acceso fiable ás afeccións que nela constan. No tocante á información xeorreferenciada das afeccións ao patrimonio cultural de Galicia, e conforme ao disposto na disposición adicional décimo terceira da Lei 5/2016, do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia, ese carácter de ferramenta corporativa de acceso fiable só se predica dos datos que constan nos plans xerais de ordenación municipal aprobados, incorporados a esa información. Todo isto sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan solicitarlle á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural un pronunciamento específico sobre a protección concreta dalgún ben do patrimonio cultural e o alcance das medidas de protección que é necesario desenvolver nun determinado predio segundo o tipo de actividade. A información xeolocalizada será obxecto de actualización permanente na procura da certeza dos datos xeorreferenciados.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional