Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Visor xeográfico do Modelizado de Vivendas

Moviga é un instrumento que permite xestionar a información recadada nun estudo previo sobre as necesidades e os beneficios da rehabilitación enerxética do parque de vivendas de Galicia.

  • 	Visor web do Modelizado de Vivendas
    Visor web do Modelizado de Vivendas

Este visor permite realizar unha avaliación básica da mellora que se produciría nos edificios ao facer unha rehabilitación enerxética da súa envoltura, así como do investimento necesario e dos empregos directos xerados como consecuencia deses traballos.

Para a súa elaboración realizáronse as extraccións da base de datos catastral, obtendo o ano de construción e, no seu caso, de reforma, altura máxima estimada e número de andares e os usos que se desenvolven en cada edificio. Unha vez realizadas estas extraccións, incorporáronse estes datos ao arquivo vectorial e realizáronse as operacións xeométricas que permitiron obter o perímetro, a altitude á que está cada unha das fincas catastrais, a superficie de fachada e a superficie de fiestras.

Posteriormente, analizáronse as diferentes tipoloxías construtivas de vivenda agrupadas por data de construción, así como unha proposta de rehabilitación enerxética que mellora as condicións da envoltura. Para iso, realizouse unha avaliación coa ferramenta oficial Lider-Calener dos valores de transmitancia térmica “U” de cada unha das partes de cerramentos, de forma individualizada, antes e despois da rehabilitación. Coas actuacións de mellora definidas, estimáronse os custos de execución, a duración das obras e o número de operarios necesarios para realizalas.

Para finalizar, engadiuse a información para a avaliación de perdas e cargas térmicas, empregando os parámetros de consumos de calefacción que marca o manual de desenvolvemento da ferramenta oficial Calener, que define os consumos en función da zona climática do CTE e o tipo de vivenda (unifamiliar ou colectiva).

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional