A información dixitalizada atópase dispoñible no visor xeográfico do Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo (SIOTUGA) da Xunta de Galicia: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/
Dentro dos traballos de revisión, actualización e adecuación da información espacial do planeamento urbanístico, o IET completou as capas de ordenación en formato vectorial dos PXOM adaptados á LOUG. Para iso acometeuse a dixitalización das clases e categorías do solo rústico ordinario e de especial protección de 73 concellos dos que ata o momento só se dispoñía dos recintos das clases de solo urbano, urbanizable e núcleo rural, completando a capa de clasificación urbanística do solo nos concellos de Galicia con planeamento adaptado.
Este traballo implicou as seguintes tarefas:
As capas actualizadas atópanse xa dispoñibles para os usuarios, accesibles dende a utilidade de descarga na barra de ferramentas do visor xeográfico de SIOTUGA. Deste xeito, avánzase na mellora da información dixital sobre o planeamento urbanístico, o que facilitará a súa análise a todos os axentes que participan na planificación e xestión do territorio e aos cidadáns en xeral.