Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Primeira actualización do Plan Básico Autonómico 2020

Resolución no Diario Oficial de Galicia (DOG  núm. 116, do 15 de xuño de 2020) polo que se actualiza o Plan básico autonómico de Galicia.

O Plan Básico Autonómico é unha ferramenta indispensable que ten por obxecto delimitar sobre o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia a complexa realidade das afeccións derivadas da normativa sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes. Así mesmo, establece unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificación, de acordo coas súas determinacións, a través dunhas ordenanzas tipo.

Unha das súas principais finalidades é a definición das áreas do territorio nas cales sexa necesario recadar informe dos diferentes organismos con competencias sectoriais para a realización de calquera actividade que implique a acción urbanística, de tal xeito que contribúa a dotar de transparencia e axilidade o mecanismo de solicitude de tales informes. Deste modo, o Plan Básico Autonómico distingue e caracteriza as delimitacións das afeccións derivadas da lexislación sectorial que inciden sobre o territorio, incluíndo o conxunto de instrumentos de ordenación do territorio. Na mesma senda, identifica os asentamentos de poboación existentes e os clasifica segundo as Directrices de Ordenación do Territorio.

O Plan Básico Autonómico encaixa como un paso intermedio imprescindible para conseguir que cada concello posúa unha ordenación operativa do seu territorio, establecendo unhas ordenanzas tipo, en función das clases e cualificacións do solo. Asemade, incorpora cada unha das afeccións que, a nivel sectorial, inciden na Comunidade Autónoma, ofrecendo nun único documento toda esta información.

O Plan Básico Autonómico substituíu ás Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento provinciais aprobadas no ano 1991, de conformidade co previsto na disposición transitoria sétima do Regulamento que desenvolve a Lei do solo, que ata a entrada en vigor do PBA mantiveron a súa vixencia.

O Plan Básico Autonómico é un instrumento de planeamento urbanístico que ten por obxecto delimitar, no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, as afeccións derivadas da normativa sectorial e identificar os asentamentos de poboación existentes; asemade, establece unha regulación de carácter xeral dos diferentes usos do solo e da edificación.

As determinacións que se conteñen no Plan Básico Autonómico son as seguintes:

  1. Relación cos instrumentos de ordenación do territorio.
  2. Afeccións derivadas das lexislacións sectoriais sobre o territorio.
  3. Identficación dos asentamentos de poboación existentes.
  4. Regulación dos usos do solo e da edificación.

En atención á natureza dinámica do Plan básico autonómico o obxecto desta actualización é o de realizar a oportuna revisión cartográfica do Plan coa información sectorial recibida dende a aprobación definitiva do Decreto 83/2018, recolléndose na actualización do 15/06/2020 os cambios operados. 

Coa actualización cartográfica do ano 2020 do Plan básico autonómico actualízanse os seguintes documentos do PBA aprobado por Decreto 83/2018:

  • ANEXOS DA MEMORIA XUSTIFICATIVA:
    • Anexo I: Marco legal 2020
    • Anexo II: Fontes de información 2020
    • Anexo III: Instrumentos de ordenación do territorio 2020
    • Anexo IV: Listado de espazos naturais 2020
    • Anexo VIII: Listado de núcleos derivados do planeamento non recollidos no nomenclátor 2003
    • Anexo IX: Listado de bens patrimoniais 2020
      • I: Listado de bens de interese cultural de Galicia 2020
      • II: Listado de bens do catálogo de patrimonio cultural de Galicia 2020
  • PLANOS DE DELIMITACIÓN DOS ÁMBITOS DE APLICACIÓN DOS INSTRUMENTOS DE ORDENACIÓN DO TERRITORIO
  • PLANOS DE DELIMITACIÓN DAS AFECCIÓNS SECTORIAIS
  • PLANOS DE IDENTIFICACIÓN DOS ASENTAMENTOS DE POBOACIÓN EXISTENTES
  • CATÁLOGO. 

Toda esta información pode consultarse e descargarse dende as seguintes ligazóns: 

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional