Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Publicados os servizos web das ortofotografías realizadas pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda nos anos 2018 e 2019 para a elaboración dos Plans Básicos Municipais

Incorpórase na plataforma SIX Corporativa os servizos web das ortofotos de 31 concellos

  • 	Concellos de 2018
    Concellos de 2018
  • 	Concellos de 2019
    Concellos de 2019
  • 	Visualización dende o visor básico
    Visualización dende o visor básico

O Instituto de Estudos do Territorio pon a disposición as ortofotografías realizadas nos anos 2018 e 2019 pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo para a elaboración dos Plans Básicos Municipais en diferentes servizos web :

  • Servizo Web de Mapas (WMS) :
  • Servizo de teselas de Mapas Web (WMTS):
  • Servicio Rest de ArcGis (REST) :

As ortofotos do ano 2018 son as correspondentes aos concellos de: O Páramo, Triacastela, Ribeira de Piquín, Riotorto, Trabada, Padrenda, Cartelle, Porqueira e San Xoán de Río.

As do ano 2019 son as correspondentes aos concellos de Monfero, Dumbría, Alfoz, Abadín, Guntín, Pantón, Piñor, San Cristovo de Cea, Beariz, San Amaro, Punxín, Melón, Lobeira, Baltar, Baños de Molgas, Larouco, Montederramo, Chandrexa de Queixa, Vilariño de Conxo, Viana do Bolo, A Mezquita e Dozón.

Os servizos web poden ser usados directamente por distintos visores xeográficos que dispoñan da opción de incorporalos ou mediante ferramentas informáticas de Sistemas de Información Xeográfica que permite este acceso á información remota.

Os servizos web poden ser incorporados para a súa visualización dende o servizo do visor básico mediante a ferramenta de novas capas SIX.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional