Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Publicado un novo visor xeográfico para notificar achegas sobre a Base Topográfica de Galicia

Ponse en marcha dentro da plataforma do Sistema de Información Xeográfica corporativa, o visor xeográfico para enviar achegas cartográficas.

O Instituto de Estudos do Territorio co apoio da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon a disposición unha nova ferramenta para que se poidan enviar achegas ou posibles erros sobre a Base Topográfica de Galicia 2020.

O obxectivo é dispoñer dunha ferramenta para que todas as persoas poidan aportar información, facer achegas ou comunicar os posible erros advertidos na cartografía publicada polo Instituto de Estudos do Territorio.

A recentemente publicada Base Topográfica de Galicia (BTG2020) ten milleiros de elementos (rede hidrográfica, rede de autoestradas, estradas, pistas e camiños, edificacións, curvas de nivel e puntos de cotas, entidades de poboación e nomes xeográficos entre outros) nos que poden existir omisións, imprecisións ou incluso erros. Para levar a cabo a actualización e mantemento da información é importante dispor de información actualizada sobre o terreo e todos nós podemos ser xeradores desta información como sensores activos sobre o territorio e colaborar na súa mellora.

A ferramenta atópase dispoñible en http://mapas.xunta.gal/visores/notificarto/ onde dunha maneira sinxela podemos facer unha notificación sobre as distintas entidades da información xeográfica.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional