Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Publícanse novos servizos web de mapas de pendentes dos anos 2009-2010 e 2015-2016

Incorpórase na plataforma SIX Corporativa os servizos web de mapas de pendentes.

O Instituto de Estudos do Territorio pon a disposición novos mapas de pendentes dos anos 2009-2010 e 2015-2016 en diferentes servizos web:

Pendentes_Mdt1_PNOA09_10

Pendentes_Mdt1_PNOA15_16

Os mapas de pendentes foron xerados a partir dos Modelos Dixitais do Terreo dun metro para os que se empregaron os datos LIDAR (Laser Imaging Detection and Ranging ) capturados nos programas PNOA (Plan Nacional de Ortofotografía Aérea) dos anos 2009-2010 e dos anos 2015-2016.

Os servizos web poden ser usados directamente por distintos visores xeográficos que dispoñan da opción de incorporalos ou mediante ferramentas informáticas de Sistemas de Información Xeográfica que permite este acceso á información remota.

Os servizos web poden ser incorporados para a súa visualización desde o servizo do visor básico mediante a ferramenta de novas capas SIX.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional