Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Actualizacións e melloras en varios visores

O Instituto de Estudos do Territorio en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia levaron a cabo melloras en ferramentas e servizos da plataforma SIX corporativa.

Actualizado o visor xeográfico básico coas seguintes melloras:

Incorporada no localizador das praias xunto coa taboa de mareas correspondente (servizo prestado por Meteogalicia) unha fotografía do voo oblicuo realizado para a elaboración do Plan de Ordenación do Litoral. Deste xeito disponse da información das mareas e unha vista da praia seleccionada.

Adaptado o apartado correspondente a Espazos Naturais na selección de capas a nomenclatura das categorías de espazos naturais protexidos que establece a Lei 5/2019 do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia.

Actualizado o visor xeográfico de patrimonio natural coas seguintes melloras:

Incorporación do mapa vectorial 2020 xerado a partir da nova Base Topográfica de Galicia (BTG 2020).

Modificación na selección de capas para adaptala á nomenclatura das categorías de espazos naturais protexidos que establece a Lei 5/201, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia. Modificáronse os apartados correspondentes a Rede Natura 2000 e a Rede Galega de Espazos Protexidos.

Servizos web de mapas do Sistema de Información Xeográfica de Parcelas (SIXPAC 2020)

Dispoñibles os servizos web de mapas do SIXPAC 2020 en diferentes servizos web:

Servizo REST de ArcGis

Servizo Web de Mapas: WMS

Os servizos web poden ser usados directamente por distintos visores xeográficos que dispoñan da opción de incorporalos ou mediante ferramentas informáticas de Sistemas de Información Xeográfica que permite este acceso á información remota.

Os servizos web poden ser incorporados para a súa visualización desde http://mapas.xunta.gal/visores/basico mediante a ferramenta de novas capas SIX.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional