Visor desenvolvido por parte do IET en colaboración coa Consellería de Medio Rural e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica, que vén a complementar a nova plataforma electrónica de Poxas Públicas de Madeira, posibilitando aos madeiristas poder dirixirse aos lotes de madeira a través dos seus teléfonos móbiles e tabletas.
O pasado 18 de xuño veuse a presentar por parte da Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, xunto coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e o Instituto de Estudos do Territorio (IET) a nova Plataforma Electrónica de Poxas Públicas de Madeira.
Esta plataforma facilita a tramitación electrónica das poxas públicas de madeira que a Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal allea nos montes que está a xestionar. Trátase dun servizo electrónico de poxas que permite:
Pódese acceder ao visor a través do seguinte enlace: http://xuntasix.maps.arcgis.com/apps/webappviewer/index.html?id=e3fdd5ede2674c76a6a01a615f993967
Ou facer uso dos datos a través dos servizos REST e WMS: