Nesta ferramenta recóllese a primeira base de datos e usos e coberturas simples do solo a escala 1/5.000 dos 82 concellos do Plan de ordenación do litoral.
Durante o ano 2019 obtívose unha base de datos, denominada SIOSE5K, sobre os municipios costeiros de Galicia, con data de referencia das imaxes e da información de partida de 2017.
A representación gráfica desta base é unha cartografía que comprende os 82 municipios do Plan de ordenación do litoral. A superficie cartografada supera as 527.000 ha e recolle máis de catro millóns de polígonos. A partir dun produto xerado polo IXN mediante o cruzamento de conxuntos de datos procedentes doutras fontes (Sixpac, catastro, mapa forestal, cartografía base, datos LiDAR...), dende o IET levouse a cabo un traballo de adecuación desta información para Galicia para, posteriormente, mediante fotointerpretación, o emprego de distintos algoritmos de clasificación e a incorporación doutros conxuntos de datos propios, como a rede hidrográfica ou as edificacións da BTG2020, obter como resultado esta completa base de datos que ofrece información a nivel de parcela catastral.
O SIOSE5K trátase dun proxecto pioneiro, cuns niveis xeométricos e temáticos moi elevados, e nunha zona de alta complexidade territorial, como é a que abrangue todo o litoral galego.
A información pode descargarse por concellos dende o propio visor dun xeito libre e gratuíto xunto co propio modelo de datos para poder interpretar axeitadamente o seu contido: https://ideg.xunta.gal/portalsix/apps/opsdashboard/index.html#/514dd6aa79434a17986a3874d4f26db5.
As principais características do SIOSE5K son: