A existencia de conxuntos de datos xeográficos de referencia é esencial para a produción de información xeográfica de calquera tipo, para a xestión dos diferentes sistemas de información xeográfica e para o funcionamento da aplicacións de consulta, análise e obtención de cartografía e información do territorio.
A este respecto, veñen de actualizarse os datasets mediante descarga directa desde a páxina http://mapas.xunta.gal/centro-de-descargas deste portal, e que se corresponden, fundamentalmente, cos do anexo I da Lei 14/2010, de 5 de xullo, sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (LISIGE).