Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Compártao :

Buscar

IDEG

Actualidade

Ten dispoñibles para consulta 63 novas:
19/12/14 | 14:26

Resumo da Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís

Organizada polo Instituto de Estudos do Territorio coa colaboración da empresa Cartogalicia e a Escola Galega de Administración Pública.

12/11/14 | 14:26

Xornada sobre RPAs e as súas aplicacións civís

Unha xornada para difundir as aplicacións de RPAs ou drones en traballos civís relacionados coa información do territorio, destinada a profesionais técnicos no entorno da información xeográfica e outros campos afíns ao territorio.

29/09/14 | 18:27

O punto de acceso ao Centro de Descargas da Información Xeográfica de Galicia incorpora nova información, co que conta xa con máis de 46.900 arquivos para descargar

O Instituto de Estudos do Territorio vén de publicar unha nova revisión da aplicación web CDIX (Centro de Descargas de Información Xeográfica) da plataforma mapas.xunta.es que xa leva meses en funcionamento, dende maio de 2012. Nesta actualización, o visor xeográfico conta coa incorporación de miles de novos ficheiros con contido xeográfico para o uso público, acumulando 46.950 arquivos entre series cartográficas en PDF, ortofotografías aéreas e ficheiros de datos LIDAR.

22/07/14 | 12:20

Publicación da nova serie cartográfica Galicia 250k

Co obxectivo de ofrecer unha síntese do territorio galego nunha soa folla de mapa, o IET confeccionou unha serie formada por un conxunto de mapas a escala 1:250.000, composta en principio por 11 mapas e que aumentará nun futuro coa incorporación de novos aspectos do territorio. Este novo produto cartográfico ofrece unha temática variada en formato PDF cun tamaño aproximado ao A0.

17/07/14 | 08:50

Publícanse os plans xerais de ordenación municipal de Aranga e Xunqueira de Espadañedo no portal do planeamento urbanístico de Galicia

Tamén se incorporaron modificacións no planeamento xeral da Illa de Arousa, Sarria e A Coruña e novidades doutros concellos (Vigo, Lalín, A Coruña, Ferrol, O Corgo e Dumbría).

15/07/14 | 14:06

A Xunta traballa nun modelo único para a produción de información xeográfica e cartográfica a disposición doutras administracións

A cooperación coa administración local mediante a distribución de cartografía, ortofotos, mapas e outros datos xeográficos permitiu un aforro duns 900.000 euros anuais.

11/04/14 | 13:56

Incorpórase o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilamartín de Valdeorras ao portal do sistema de informacion de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia

Na última actualización da web foi incorporado o Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vilamartín de Valdeorras e novidades doutros 6 concellos.

26/02/14 | 13:59

O portal do sistema de informacion de ordenación do territorio e planificación urbanística de Galicia incorpora actualizacións sobre o planeamento de 5 concellos galegos

Na última actualización da Web foron incorporadas novidades do planeamento dos concellos de Vilagarcía de Arousa, Vigo, Pontevedra, A Laracha e Baños de Molgas.

25/02/14 | 14:03

A colaboración do Instituto de Estudos do Territorio con distintos departamentos da Xunta e concellos permitiu un aforro de 2,2 millóns de euros no ano 2013 nas administracións galegas

O IET é un servizo transversal a todos os departamentos do Executivo autonómico en todas aquelas tarefas que requiran de datos xeográficos, análises de territorio, monitorización de fenómenos naturais, sociais ou económicos.

Dispoñibles os servizos WMS e WFS do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia 18/10/13 | 08:00

Dispoñibles os servizos WMS e WFS do Plan de Ordenación do Litoral de Galicia

Publícase a derradeira versión dos servizos WMS (Web Map Service) e WFS (Web Feature Service) cos datos de aprobación definitiva do plan.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional