Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Buscar

IDEG

Actualidade

Ten dispoñibles para consulta 90 novas:
Nova cobertura LIDAR 2015-2016 25/01/19 | 08:30

Nova cobertura LIDAR 2015-2016

Incorpórase ao visor de descargas unha nova cobertura LIDAR correspondente aos anos 2015 e 2016.

18/09/18 | 10:10

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, mellora a información dixital do planeamento urbanístico de 73 concellos

A información dixitalizada atópase dispoñible no visor xeográfico do Sistema de Información de Ordenación do Territorio e Urbanismo (SIOTUGA) da Xunta de Galicia: http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/

Medio Ambiente presenta unha proposta de Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico 07/06/18 | 11:45

Medio Ambiente presenta unha proposta de Rede de Itinerarios de Interese Paisaxístico

O documento dá resposta á determinación 7.3.5 das Directrices de Ordenación do Territorio de Galicia, que establece o mandato de desenvolver un sistema de itinerarios que constitúan a Rede de itinerarios de interese paisaxístico e ambiental, que conecte entre si os diferentes elementos de interese paisaxístico, cutural e natural.

Visor web de aproveitamentos forestais 05/06/18 | 11:45

Visor web de aproveitamentos forestais

Este visor de información xeolocalizada dos espazos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por algunha lexislación de protección do dominio público facilítalles aos operadores económicos unha planificación na xestión forestal respectuosa cos devanditos espazos.

Incorporación dunha nova cobertura de imaxes de alta resolución de Pleiades dos anos 2014-2015 para Galicia realizada en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional 27/02/18 | 09:15

Incorporación dunha nova cobertura de imaxes de alta resolución de Pleiades dos anos 2014-2015 para Galicia realizada en colaboración co Instituto Xeográfico Nacional

O visor básico da web de mapas.xunta.gal e o comparador de mapas incorporan unha nova cobertura de imaxes de satélite de alta resolución aos mapas de fondo.

27/12/17 | 17:33

Visores web do Plan Básico Autonómico

Póñense en marcha, dentro da plataforma SIX corporativa, os visores coa información do Plan Básico Autonómico que se somete a información pública.

Actualízase o Visor de Descargas coa incorporación da Serie Cartográfica Xeneralizada do ano 2016 27/09/17 | 10:45

Actualízase o Visor de Descargas coa incorporación da Serie Cartográfica Xeneralizada do ano 2016

Incorpórase no visor de descargas a Base Topográfica de Galicia a escala 1:100.000.

A Xunta de Galicia actualiza a información correspondente á evolución do uso do solo 22/09/17 | 13:50

A Xunta de Galicia actualiza a información correspondente á evolución do uso do solo

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio mellora o acceso á información sobre o nivel de ocupación do solo mediante o incremento da calidade dos datos do Sistema de Información sobre a Ocupación do Solo (SIOSE) con maior nivel de detalle cartografiable e unha redución de dúas a unha hectáreas da superficie mínima de representación en zonas agrícolas e forestais.

27/07/17 | 08:42

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio publica un novo visor xeográfico coa información recollida da guía de caracterización e integración paisaxística de valados

Co fin de poñer en valor o traballo de campo e de recollida de información que se fixo para a elaboración da Guía de caracterización e integración paisaxística de valados, e dada a imposibilidade de incluír todos os datos obtidos neste documento, ponse en marcha un visor que permite a consulta de toda esta información.

07/07/17 | 14:11

Actualización da información xeográfica dispoñible no Visor de Descargas de cartografía coa incorporación de ortofotografía histórica do ano 1946

Incorpórase no visor de descargas a ortofotografía do ano 1946 para as principais cidades galegas.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional CMAOT