Estás en:
  • IDEG >
  • Actualidade
Compartir

Buscar

IDEG

Actualidade

Ten dispoñibles para consulta 90 novas:
29/09/16 | 13:32

O IET publica os resultados da participación pública para a elaboración das "Directrices de paisaxe"

O informe inclúe os índices de satisfacción e de intervención desexada en cada tipo de paisaxe, así como a valoración de diferentes medidas de xestión.

12/09/16 | 16:41

A Xunta activa un sistema de seguimento da evolución do uso do solo, unha información básica para a ordenación do territorio

O Sistema de Seguimento da Evolución do Uso e Ocupación do Territorio é unha aplicación fácil de usar, que permite a consulta e análise das diferentes fontes de información relacionadas coa ocupación do solo.

Xornada "Bases topográficas e cartográficas: produción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local" 06/09/16 | 12:21

Xornada "Bases topográficas e cartográficas: produción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local"

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio, colabora co Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeria Xeomática e Topográfica na organización das xornadas sobre  Bases topográficas e cartográficas: producción e difusión da información xeográfica a nivel nacional, autonómico e local".

05/08/16 | 09:23

Ponse en marcha unha nova ferramenta para a análise da información xeográfica en Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio e en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, vén de publicar unha nova utilidade no visor do xeoportal corporativo mapas.xunta.gal, que vai a permitir a comparación e a análise do territorio desde diferentes puntos de vista a partir das cartografías existentes.

05/08/16 | 09:29

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio pon en funcionamento un sistema de información xeográfica colaborativo de imaxes da paisaxe galega

A partir de hoxe poderase acceder, visualizar e participar no SIX Colaborativo de Imaxes da Paisaxe Galega; unha ferramenta sinxela, construída grazas á colaboración de toda a cidadanía, e destinada a poñer en valor as paisaxes de Galicia e proporcionar un repositorio de información útil para a xestión da paisaxe.

06/06/16 | 16:48

Visor web coa Delimitación Climática para Arquitectura Pasiva

Ponse en marcha, dentro da plataforma SIX corporativa, un visor web preparado para que calquera usuario poida consultar facilmente mapas coas variables climáticas como complemento para cada variable construtiva. Esta ferramenta foi creada polos técnicos do Instituto de Estudos do Territorio a partir dos requerimentos determinado polo Instituto Galego de Vivenda e Solo e analiza os datos climáticos de 160 estacións.

31/05/16 | 14:15

Ponse en marcha un novo Centro de Descargas da Información Xeográfica de Galicia máis fácil de usar e que multiplica a información dispoñible

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, a través do Instituto de Estudos do Territorio e en colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia, vén de publicar unha nova aplicación web do Centro de Descargas de Información Xeográfica da plataforma http://mapas.xunta.gal

08/03/16 | 13:04

Portal de participación pública na elaboración das Directrices de Paisaxe de Galicia

O portal forma parte do programa de promoción da participación pública na elaboración do Atlas das Paisaxes de Galicia, contemplado no convenio de colaboración entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e o Laboratorio do Territorio do GI Territorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.

02/03/16 | 14:32

Posta en funcionamento do novo visor do Plan de Ordenación do Litoral

A partir de hoxe poderase acceder mediante este visor á información xeográfica do Plan de Ordenación do Litoral.

Posta en funcionamento do visor do Catálogo das Paisaxes para a súa fase de información pública 19/02/16 | 14:39

Posta en funcionamento do visor do Catálogo das Paisaxes para a súa fase de información pública

A partir de hoxe poderase acceder mediante este visor a toda a información contida no documento do Catálogo das Paisaxes de Galicia.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional CMAOT