Os metadatos describen o contido, a calidade, a condición e outras características dos datos, facilitando aos usuarios facer unha valoración do axeitamento dos datos aos seus requerimentos. Se conforman como un dos componentes principais dunha IDE, xa que catalogan toda a información e servizos ofrecidos pola mesma e permiten aos usuarios a localización correcta dos datos xeográficos.
A Lei 14/2010 de 5 de xullo sobre as infraestruturas e os servizos de información xeográfica en España (LISIGE), establece que as Administracións públicas asegurarán a creación e actualización de metadatos para os datos xeográficos e servizos de información xeográfica contemplados nos anexos I, II e III da citada lei. O proceso de creación e almacenamento de metadatos deberá estar de confomidade coas normas de execución da Directiva 2007/2/CE (INSPIRE).
No caso da IDE de Galicia, cúmprese coas normas de execución da Directiva INSPIRE e os requerimentos do Núcleo Español de Metadatos (NEM v1.1). O perfil de metadatos contemplado nesta directiva está baseado na Norma ISO 19115: Metadata.
Para cubrir estes metadatos, emprégase a ferramenta de software open-source CatMDEdit. Segundo os obxectivos perseguidos coa tarefa de xeración de metadatos pódense definir tres niveis de alcance destes últimos:
Os metadatos xenerados pola IDEG están a disposición no catálogo http://xeocatalogo.xunta.es