IDEG
Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica
A Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía creouse polo Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, como un órgano de coordinación técnica dos departamentos, organismos e entes da Administración autonómica galega nas súas actuacións en materia de sistemas de información xeográfica e cartográfica, adscrito inicialmente á Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.
O Decreto 188/2003, do 27 de febreiro, modificou a súa adscrición desde a dita consellería á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Coa constitución da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, ponse en marcha a mesma e que se responsabilizará da coordinación técnica dos departamentos, organismos e entes da Administración Pública de Galicia nas súas actuacións en materia de sistema de información xeográfica, cartográfica e xeomática, coa súa adscrición ao Instituto de Estudos do Territorio dependente da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
As numerosas modificacións do Decreto 148/2003, do 9 de xaneiro, fan necesario recollelas nun só texto que permita rematar con esta dispersión e facilite o seu manexo, polo que procede aprobar un novo decreto no que se recollan todas as modificacións anteriores e se adapte ás novas circunstancias.
A comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía ponse en marcha hoxe cos seguintes obxectivos concretos:
- Garantir a homoxeneidade da información producida polos organismos públicos que forman parte.
- Favorecer a eficiencia no gasto público destinado a cartografía e sistemas de información xeográfica.
- Asegurar a dispoñibilidade pública e actualización dos datos xeográficos de referencia e optimizar a calidade da produción cartográfica oficial e a súa utilidade como servizo ao público.
- Promóvese deste xeito unha mellor organización dos servizos públicos de información xeográfica e cartográfica
Cómpre sinalar que a constitución desta comisión é acorde coa política de austeridade da Xunta de Galicia, xa que os membros dela non recibirán remuneración económica, co criterio de xestionar e coordinar os recursos co menor custo posible para os cidadáns.
Funcións e responsabilidades
Serán funcións propias da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografia as seguintes:
- Formulación e execución do Plan Cartográfico de Galicia.
- Coordinación das actividades cartográficas da Xunta de Galicia, así como das peticións e solicitudes en materia cartográfica das distintas consellerías respecto a outras administracións.
- Impulso e seguimento da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG).
- Execución dos obxectivos e liñas de traballo que lles sexan asignadas no Plan Galego de Cartografía e Información Xeográfica.
- Dar soporte técnico á Comisión de Delimitación de Termos Municipais e á Comisión de Toponimia.
- Análise das necesidades e da evolución da demanda de cartografía e información xeográfica de Galicia.
- Calquera outra función que poida ter relación coa natureza da Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía.
Membros
- Presidente/a: a persoa titular da consellería competente en materia de ordenación do territorio.
- Vicepresidente/a: o/a director/a do Instituto de Estudos do Territorio.
- Vogais:
- Un/unha representante por consellería designado/a polo/a conselleiro/a correspondente.
- Un/unha representante do órgano central de estatística da Comunidade Autónoma.
- Un/unha representante da consellería competente en materia de toponimia.
- Un/unha representante de cada unha das catro deputacións provinciais.
- Un/unha representante da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).
- Un/unha representante da entidade pública competente en materia de modernización e innovación tecnolóxica.
- Un/unha do representante do Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA).
- Secretaria: desempeñada por un/unha representante do Instituto de Estudos do Territorio
Grupos de traballo
Proposta de creación dos seguintes grupos de traballo:
- GT1 Asentamentos e direccións
- GT2 Desenvolvemento e tramitación do regulamento e SIX corporativo
- GT3 Administración local
- GT4 Sistema de Información Urbanística (SIOTUGA)
- GT5 Mobilidade