A información contida na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia xestionase de forma integrada e proporciona ás persoas usuarias o acceso, polo menos, ós seguintes servizos:
Servizos de localización que posibiliten a busca de conxuntos de datos xeográficos e servizos relacionados con eles, partindo do contido dos metadatos correspondentes, e que amosen o seu contido.
Servizos de visualización que permitan, como mínimo, amosar, navegar, acercarse ou afastarse para concretar ou ampliar o campo de visión, moverse ou superpoñer os datos xeográficos, así como mostrar os signos convencionais e, opcionalmente consultar os atributos dos datos xeográficos; deberá ser posible acceder a estes servizos de visualización directamente dende servizos de localización.
Servizos de descarga que permitan xerar copias de datos xeográficos, ou partes deles e, cando sexa posible, acceder directamente o seu contido para construír servizos de valor engadido ou integralos na lóxica de aplicacións de usuario.
Servizos de transformación, que permitan transformar os datos xeográficos para acadar a súa interoperabilidade.