Portal IDEG

Estás en:
  • IDEE
Compartir

Compártao :

IDEE

A Infraestrutura de Datos Espaciais de España (IDEE) ten como obxectivo integrar a través de Internet os datos, metadatos, servizos e información de tipo xeográfico que se producen en España, a nivel estatal, autonómico e local, cumprindo unha serie de condicións de interoperabilidade (normas, protocolos, especificacións) e conforme aos seus respectivos marcos legais.

O proxecto IDEE é o resultado da integración, en primeiro lugar, de todas as Infraestruturas de Datos Espaciais establecidas polos produtores oficiais de datos a nivel tanto estatal como autonómico e local, e en segundo lugar, de todo tipo de infraestruturas sectoriais e privadas.

IDEE, desenvolvida legalmente na lei LISIGE, facilita a todos os usuarios a localización, identificación, selección e acceso, aos datos e servizos producidos en España a través do Xeoportal da IDEE, cuxa constitución e mantemento corresponde á Dirección Xeral do Instituto Xeográfico Nacional.

A IDEE forma parte da Infraestrutura de Datos Espaciais Europea, desenvolvida legalmente na Directiva europea Inspire e incorporada ao ordenamento xurídico español mediante a LISIGE. A IDEE é o resultado da implementación da Directiva Inspire por parte de España.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional