Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG
Compartir

Compártao :

IDEG

Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia

A Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG) integra todos os datos xeográficos e os servizos interoperables de información xeográfica proporcionados polos distintos órganos da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades instrumentais do sector público e están dispoñibles mediante este xeoportal.

IDEG xorde como resposta á Directiva 2007/2/CE, do 14 de marzo de 2007, pola que se establece unha infraestrutura de información espacial na Comunidade Europea (INSPIRE). Na IDEG reúnense, trátanse e intégranse datos, metadatos e servizos vinculados a Galicia susceptibles de ser localizados xeograficamente. Proceden de diferentes fontes de información, nodos e xeoportais, e abranguen tipos, formatos, ámbitos, escalas e orixes moi diversas.

O Decreto 19/2011, do 10 de febreiro, polo que se aproban definitivamente as directrices de ordenación do territorio establece como determinacións excluíntes 10.1.20 e 10.1.21, previstas no artigo 9 da Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia, para a aplicación, desenvolvemento e revisión das directrices de ordenación do territorio, a formulación e execución a través da Comisión de Coordinación dos Sistemas de Información Xeográfica e Cartografía, do Plan Cartográfico de Galicia, como instrumento para planificar dun xeito coordinado a produción, o uso e a difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio galego, coa finalidade de garantir a coherencia e interoperabilidade dos datos espaciais, así como o establecemento e actualización da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG) que garanta o almacenamento, a dispoñibilidade e o mantemento dos datos espaciais.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional