Portal IDEG

Estás en:
  • IDEG >
  • Iniciativas
Compartir

Compártao :

Buscar

IDEG

Iniciativas

A continuación enuméranse as iniciativas IDE postas en marcha no territorio galego e que están coordinadas co nodo da Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia (IDEG)

Ten dispoñibles para consulta 5 iniciativas:
Nodo IDE-Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa

Nodo IDE-Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa

O IDE-DHGC (Infraestrutura de Datos Espaciais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa) creouse para dar soporte a toda a información alfanumérica e xeoespacial que contén o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa aprobado por Real Decreto 1332/2012, de 14 de Setembro (BOE nº 223, de 15 de setembro), de cara a facilitar o coñecemento da información básica da conca aos distintos usuarios da auga e a cidadanía en xeral. Augas de Galicia como organismo de conca con competencias na planificación hidrolóxica da DHGC é o organismo responsable da información.

Sitio Web: Nodo IDE-DHGC

Nodo IDE A Coruña (ideAC)

O nodo ideAC, definido, identificado e clasificado dentro da rede IDEE segundo os datos contidos na táboa incluída nesta páxina, cumpre cos requisitos necesarios para estar integrado na rede global de IDE (GSDI).

Nodo IDEAL-Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense ofrece información xeorreferenciada da provincia de Lugo a partir dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

Nodo IDE Pontevedra (IDEPo)

Con este xeoportal ponse a disposición do resto de administracións, empresas e cidadanía, a IDE temática da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL) da provincia de Pontevedra.

Outras iniciativas

Ademais dos nodos IDE, existen outros xeitos de acceder á información xeográfica mediante diferentes ferramentas web que permiten aos usuarios a visualización, consulta e descarga de datos cartográficos.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional