Estás en:
  • IDEG >
  • Iniciativas
Compartir

Nodo IDEAL-Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense

A Infraestrutura de Datos Espaciais da Administración lucense ofrece información xeorreferenciada da provincia de Lugo a partir dos datos da Enquisa de Infraestrutura e Equipamentos Locais (EIEL).

A EIEL é o instrumento básico de análise e valoración das necesidades de dotacións locais a efectos da cooperación económica local do estado. Está elaborada polas deputacións provinciais de acordo a unha metodoloxía común, contándose coa colaboración técnica do Ministerio de Política Territorial.

Nesta páxina web pódese descargar a información das edicións da EIEL para a provincia de Lugo desde o ano 1995 ata o 2011. Tamén se poderá acceder aos servizos Web Map Service e Web Feature Service que ofrecen a información da EIEL (abastecementos, saneamentos, infraestruturas viarias...).

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional CMAOT