Estás en:
  • IDEG >
  • Iniciativas
Compartir

Compártao :

Nodo IDE-Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa

O IDE-DHGC (Infraestrutura de Datos Espaciais da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa) creouse para dar soporte a toda a información alfanumérica e xeoespacial que contén o Plan Hidrolóxico Galicia-Costa aprobado por Real Decreto 1332/2012, de 14 de Setembro (BOE nº 223, de 15 de setembro), de cara a facilitar o coñecemento da información básica da conca aos distintos usuarios da auga e a cidadanía en xeral. Augas de Galicia como organismo de conca con competencias na planificación hidrolóxica da DHGC é o organismo responsable da información.

O sistema de información IDE-DHGC dá soporte ao rexistro de zonas protexidas da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, de acordo co establecido no artigo 24 do RPH, e proporciona toda a información necesaria en relación coa rede hidrográfica básica da Demarcación, e estado das masas de auga, de acordo co artigo 87.2 do RPH. Ademais tamén poden visualizarse os traballos de implantación da Directiva 2007/60/CE, relativa á avaliación e xestión de riscos de inundación. Amósanse os resultados da 1ª fase, que consistiu na identificación das Áreas de Risco Potencial Significativo de Inundación (ARPSIS), así como os resultados dos estudos de detalle sobre zonas asolagables dispoñibles na actualidade, e que se corresponden coa delimitación das chairas de inundación dalgunhas destas ARPSIS.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional