Portal IDEG

Estás en:
  • Utilidades >
  • Sistemas de referencia de coordenadas
Compartir

Compártao :

UTILIDADES

Sistemas de referencia de coordenadas

Cando se utiliza a información xeográfica, é fundamental coñecer o sistema de coordenadas utilizado para xeorreferenciar a mesma. Denomínase Sistema de Referencia a un conxunto de parámetros cuxos valores, unha vez definidos, permiten a referenciación precisa de localizacións no espazo.

Para manexar correctamente estes sistemas, é necesario coñecer a terminoloxía utilizada. A continuación detállanse certas definicións nesta materia:

  • Datum: un parámetro ou conxunto de parámetros que definen a posición da orixe, a escala e a orientación dun sistema de coordenadas, en conformidade con EN ISO 19111
  • Datum geodésico: un datum que describe a relación dun sistema de coordenadas coa Terra, en conformidade con EN ISO 19111
  • Sistema de coordenadas: un conxunto de regras matemáticas para especificar como se asignan as coordenadas aos puntos, en conformidade con EN ISO 19111
  • Sistema de referencia por coordenadas: un sistema de coordenadas que está relacionado co mundo real por un datum, en conformidade con EN ISO 19111. Esta definición inclúe os sistemas de coordenadas baseados en coordenadas geodésicas ou cartesianas e os sistemas de coordenadas baseados en proxeccións cartográficas
  • Proxección cartográfica: unha conversión de coordenadas, baseada nunha relación de un a un, desde un sistema de coordenadas xeodésicas a un plano, baseado no mesmo datum, en conformidade con EN ISO 19111
  • Sistema de referencia de coordenadas composto: un sistema de referencia de coordenadas que utiliza outros dous sistemas de referencia de coordenadas independentes, un para o compoñente horizontal e outro para o vertical, para describir unha posición, en conformidade con EN ISO 19111
  • Sistema de coordenadas xeodésicas: un sistema de coordenadas no que a posición se especifica mediante a latitude xeodésica, a lonxitude xeodésica e (no caso tridimensional) a altitude elipsoidal, en conformidade con EN ISO 19111.

Segundo o Real Decreto 1071/2007, de 27 de xullo de 2007, polo que se regula o Sistema Xeodésico de referencia oficial en España, toda a cartografía e bases de datos de información xeográfica e cartográfica producida ou actualizada polas Administracións públicas deberá compilarse e publicarse, conforme ao que se dispón neste real decreto, a partir do 1 de xaneiro de 2015. Ata entón, a información xeográfica e cartográfica oficial poderá compilarse e publicarse en calquera dos dous sistemas, ED50 ou ETRS89, conforme ás necesidades de cada Administración pública, sempre que as producións en ED50 conteñan a referencia a ETRS89.

Para o manexo dos sistemas de referencia de coordenadas con aplicacións informáticas (software GIS, CAD, xeovisores, etc...) utilízanse os códigos EPSG, que codifican a dupla formada polo datum geodésico e a proxección cartográfica.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional