Ten dispoñibles para consulta 21 mapas:
Este visor aporta información das trueortos e das nubes de puntos dos concellos que participaron no proxecto durante os anos 2018 (Cambre, Carballo, Lugo, Oleiros, Pontevedra e Sanxenxo) e 2019 (Ames, Betanzos, Fene e Teo).
Visor cartográfico para facilitar a presentación das ofertas na tramitación electrónica das poxas públicas de madeira en montes xestionados pola administración forestal galega.
Proposta de itinerarios que poñen en valor a diversidade territorial de Galicia, expresada a través das distintas paisaxes e bens naturais e culturais.
Visor web para a xestión da información sobre as necesidades e os beneficios da rehabilitación enerxética do parque de vivendas.
Visor de información xeográfica que permite a visualización dos espazos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, conforme aos datos subministrados polos distintos órganos competentes.
O Plan Básico Autonómico reflicte as delimitacións das afeccións derivadas da lexislación sectorial que inciden sobre o territorio e inclúe os instrumentos de ordenación do territorio (plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal).
Visor de información xeográfica que permite consultar as fichas de datos en campo para a elaboración da guía de cor e materiais.
Visor de información xeográfica que permite ver as imaxes, as caracteristicas e a localización dos diferentes tipos de valados que aparecen na Guía de caracterización e integración paisaxística de valados.
Visor web que permite localizar e visualizar as zonas de concentración e reestruturación parcelarias, con enlaces aos datos xerais das concentracións que se atopan na web da Consellería de Medio Rural.
O Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Amtega, vén de presentar a nova base topográfica galega (BTG10).