Estás en:
  • Mapas >
  • Mapas destacados
Compartir

Mapas destacados

Ten dispoñibles para consulta 23 mapas:
Visor xeográfico das Concentracións e Reestruturacións Parcelarias

Visor xeográfico das Concentracións e Reestruturacións Parcelarias

Visor web que permite localizar e visualizar as zonas de concentración e reestruturación parcelarias, con enlaces aos datos xerais das concentracións que se atopan na web da Consellería de Medio Rural.

Nova base cartográfica

Nova base cartográfica

O Instituto de Estudos do Territorio, en colaboración coa Amtega, vén de presentar a nova base topográfica galega (BTG10).

Ocupación do solo

Ocupación do solo

O Sistema de Seguimento da Evolución do Uso e Ocupación do Territorio é unha aplicación que permite a consulta e análise das diferentes fontes de información relacionadas coa ocupación e uso do solo.

Imaxes das paisaxes galegas

Imaxes das paisaxes galegas

Sistema de Información Xeográfica Colaborativo de Imaxes da Paisaxe Galega, unha ferramenta sinxela, construída grazas á colaboración de toda a cidadanía, e destinada a poñer en valor as paisaxes de Galicia e proporcionar un repositorio de información útil para a xestión da paisaxe.

Visor web coa Delimitación Climática para Arquitectura Pasiva

Visor web coa Delimitación Climática para Arquitectura Pasiva

Visor web que permite navegar e obter datos a través dunha sorte de mapas coas variables climáticas como complemento para cada variable construtiva que aparece na  guía de arquitectura pasiva publicada polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. Consultar a guía aquí

Catálogo das paisaxes

Catálogo das paisaxes

Programa de promoción da participación pública na elaboración do Catálogo das Paisaxes de Galicia, contemplado no convenio de colaboración, entre o Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia e o Laboratorio do Territorio do GI Territorio e Biodiversidade da Universidade de Santiago de Compostela.

Visor xeográfico de conservación da natureza

Visor xeográfico de conservación da natureza

Visor con información cartográfica relativa aos espazos naturais e á biodiversidade presentes no ámbito da Comunidade Autónoma, estruturada en agrupacións de capas segundo a súa tipoloxía.

Planeamento urbanístico

Planeamento urbanístico

Acceso ao portal do Sistema de Información do Ordenación do Territorio e Urbanismo de Galicia, que contén información xeorreferenciada sobre instrumentos de planificación urbanística e que, nunha segunda fase, abordará os instrumentos de ordenación do territorio.

Demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Demarcación hidrográfica Galicia-Costa

Nodo IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) composto por un visor, servizos web e metadatos sobre a información xeográfica contida no  Plan Hidrolóxico da Demarcación Galicia-Costa.

Topónimos de Galicia

Topónimos de Galicia

Os nomes xeográficos conforman un conxunto de datos fundamental para o traballo no territorio. O sitio da toponimia de Galicia concentra a información e os traballos que se realizan para a recollida, normalización e difusión dos topónimos galegos.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional CMAOT