Estás en:
  • Mapas >
  • Mapas destacados
Compartir

Mapas destacados

Ten dispoñibles para consulta 23 mapas:
Visor do SIXPAC

Visor do SIXPAC

O Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícolas (SIXPAC) é unha base de datos oficial de referencia para a identificación de parcelas agrícolas, de utilización obrigatoria en España para realizar as solicitudes de axudas directas da PAC que requiran declarar superficies.

Servizos no Mapa

Servizos no Mapa

Servizos no mapa ten por obxectivo facilitar a xeolocalización de servizos da Administración pública, tanto autonómica como estatal e local. Incorpora máis de 6.500 recursos xeorreferenciados aos que se seguirán incorporando, de xeito progresivo, novos tipos de servizos co obxectivo de converterse nunha guía de referencia para coñecer os datos de contacto e localización destes no territorio.

Patrimonio Cultural de Galicia

Patrimonio Cultural de Galicia

Información sobre o patrimonio cultural galego, constituído por bens materiais e inmateriais que, polo seu recoñecido valor propio, son estudados e considerados para a permanencia e a identidade da cultura galega a través do tempo.

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional CMAOT