Portal IDEG

Estás en:
Compartir

Compártao :

INSPIRE

Normas e estándares

A Directiva 2007/2 CE, coñecida como INSPIRE, (Infraestructure for Spatial Information in Europe) estableceu a creación dunha infraestrutura de datos espaciais (IDE) na Comunidade Europea. Entre os seus obxectivos está a posta en común dunha serie de conxuntos de datos espaciais (CDE) e servizos de datos, principalmente relacionados con aspectos ambientais no territorio da CE.

Tal como se especifica nos artigos 6 e 7 da LISIGE, sobre Normas a cumprir no establecemento de infraestruturas e servizos de información xeográfica e sobre Normas para asegurar a interoperabilidade, o Consello Superior Xeográfico é o órgano encargado de establecer as devanditas normas e na súa elaboración teranse en contas e seguiranse as normas aprobadas ao redor da Directiva INSPIRE. Por tanto a conformidade dos CDE e Servizos require que se axusten ás normas de execución que establecen as especificacións técnicas e ás especificacións de datos que establecen a harmonización dos datos xeográficos de INSPIRE.

Segundo esta formulación débese cumprir cos seguintes regulamentos:

Metadatos

Seguimento e Informe

Servizos de Rede

Datos e servizos

Acceso a datos e servizos

O cumprimento coa conformidade implica, ademais de harmonizar os datos en función das especificacións de datos, cumprir coas disposicións técnicas expostas nos regulamentos de metadatos, interoperabilidade e servizos de rede.
 

Fondo Europeo de desenvolvemento rexional