O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de presentar a nova base topográfica galega (BTG10) na xornada sobre avances da información xeográfica no ámbito autonómico e municipal, celebrada o pasado mes de marzo na cidade da Coruña.
As especificacións técnicas da base espacial BTG10 atópanse recollidas no apartado de Produtos cartográficos - Base topográfica de Galicia 2016.
Compre salientar que se trata dunha base composta por 23 capas de información, na que se recollen como datos máis salientables: 35.596 entidades de poboación, 1,4 millóns de edificacións, 34.000 km de estradas, 39.000 km de ríos, 6.971 elementos patrimoniais ou 28.000 millóns de puntos con información altimétrica.