Ferramenta para visualizar a cartografía e imaxes de Galicia desde diferentes fontes de forma interoperable e interactiva
Busca e localización de datos cartográficos e servizos web de información xeográfica no catálogo da IDEG
Aplicación que permite a descarga de ficheiros das diferentes follas das series cartográficas
Acceso aos servizos web interoperables que permiten a localización, visualización, descarga e transformación de información xeográfica
Iniciativas que permiten o acceso a datos xeográficos con diferentes contidos temáticos
O Plan galego de cartografía e información xeográfica é o instrumento básico da planificación da produción da cartografía da Administración xeral da Comunidade Autónoma e das entidades instrumentais do sector público autonómico, así como do uso e da difusión da información xeográfica necesaria para a xestión do territorio de Galicia. Ten como finalidade garantir a coherencia e a interoperabilidade dos datos espaciais, favorecer a eficiencia no gasto público e asegurar a calidade da produción cartográfica e a súa utilidade como servizo público.
Actualizouse cunha nova xeorreferenciación o Mapa de Fontán que vai ser incorporado como mapa base nos principais visores.