Mapa de usos e coberturas, describe os diferentes usos do solo do territorio galego. Clasifícanse en 48 clases que foron definidas desagregando as establecidas no proxecto Land Cover do programa europeo CORINE.
Mapa litolóxico e hidroxeolóxico, resultado de consultas realizadas sobre a base cartográfica xeolóxica obtida por dixitalización do Mapa Xeolóxico de España (MAGNA) 1:50.000.
Mapa de espazos naturais, recolle a información sobre os límites dos espazos e a súa figura de protección.