Documentos cartográficos elaborados con imaxes dos satélites Landsat TM, Landsat ETM e Spot nas súas versións pancromática e multiespectral. Cobren a totalidade do territorio e as datas van desde o ano 1997 ata a actualidade.
Este produto está xeorreferenciado no sistema de coordenadas UTM Fuso 29 (ED50). Pódese obter tamén en ETRS89.
A resolución espacial varía entre os 2.5 metros dos produtos derivados do satélite Spot ata os 30 metros de Landsat-TM. A resolución espectral dos satélites varía desde as 8 bandas de Landsat ata as 4 bandas de Spot.
Os produtos finais son a combinación das bandas e dos sensores elixidos e a cartografía básica do SITGA. Polo tanto, a relación final de produtos, débese consultar no servizo de venda.
Prezo (sen IVE) |
---|
Consultar |