Neste apartado preséntase unha cartografía na que aparecen os límites territoriais de Galicia e información sobre aspectos demográficos.
Mapa comarcal, recolle información sobre límites de provincia, comarca e concello xunto coa situación da capital do concello.
Mapa de parroquias, amosa os lindes parroquiais. Esta cartografía é resultado da investigación e da recompilación de informacións procedentes de diversas fontes (universidade, concellos, etc.), realizada durante varios anos no SITGA .
Os mapas de densidade de poboación e poboamento. Partindo dos datos existentes no INE sobre entidades colectivas, foi posible xerar unha cartografía temática que nos achega o nivel de poboación e de poboamento de Galicia a unha escala parroquial.