Aceptación da cesión dos dereitos de uso

 

Características das imaxenes

 

Só se admitirán imaxes en formato dixital en alta calidade. As imaxes deberán ter un tamaño mínimo de 1.800×1.800 pixeis. O arquivo non deberá superar os 1,5 MB de tamaño.

 

As fotografías enviaranse con formato JPG exclusivamente por correo electrónico a paisaxesdegalicia@xunta.gal indicando no asunto imaxes das paisaxes de Galicia e acompañado co formulario en formato pdf obtido do visor de imáxes (http://mapas.xunta.es/visores/imaxespaisaxe), debidamente cumprimentado e aceptada a cesión dos dereitos de uso.

 

As imaxes que non cumpran estes requisitos non serán admitidas para formar parte do visor xeográfico das imaxes das paisaxes de Galicia

 

A/o participante deberá posuír todos os dereitos sobre o material presentado.

 

 

Cesión dos dereitos de uso

 

En cumprimento do disposto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase de que os datos persoais recollidos nesta solicitude incorporaranse a un ficheiro para o seu tratamento, coa finalidade da xestión deste procedemento. Vostede pode exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición previstos na lei, mediante un escrito dirixido a este centro directivo como responsable do ficheiro.

 

De conformidade co previsto na Lei de Propiedade Intelectual, cédense os dereitos  de reprodución e difusión das imaxes presentadas sen necesidade de permiso  expreso e sempre que se identifique o nome do autor ou autora. Os autores ceden ao Instituto de Estudos do Territorio, coa facultade de cesión a terceiros, os dereitos patrimoniais de explotación das imaxes ao tempo que garanten a autoría.

 

O Instituto de Estudos do Territorio comprométese a exercitar os dereitos de explotación conforme aos bos usos e con rigoroso respecto aos dereitos morais do autor ou autora. O Instituto de Estudos do Territorio poderá publicar as imaxes presentadas co único requisito de facer  referencia á autoría e resérvase o dereito de exposición e distribución dos traballos presentados con fins non lucrativos. Esta cesión de dereitos será de ámbito mundial e terá carácter de exclusiva para aqueles participantes cuxas imaxes sexan seleccionadas para formar parte da colección do Instituto de Estudos do Territorio.Os anteditos dereitos comprenden a explotación das imaxes, podendo libremente e sen contraprestación económica, proceder á súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación en calquera medio, formato ou soporte coñecidos ou non na actualidade.