Directorio de servizos web

A información contida na Infraestrutura de Datos Espaciais de Galicia xestiónase de forma integrada e proporciona ás persoas usuarias o acceso, polo menos, aos seguintes servizos:

  • Servizos de localización que posibiliten a busca de conxuntos de datos xeográficos e servizos relacionados con eles, partindo do contido dos metadatos correspondentes, e que mostren o seu contido.
  • Servizos de visualización que permitan, como mínimo, mostrar, navegar, achegarse ou afastarse para concretar ou ampliar o campo de visión, moverse ou superpoñer os datos xeográficos, así como mostrar os signos convencionais e, opcionalmente, consultar os atributos dos datos xeográficos; deberá ser posible acceder a estes servizos de visualización directamente desde servizos de localización.
  • Servizos de descarga que permitan xerar copias de datos xeográficos, ou partes deles e, cando sexa posible, acceder directamente ao seu contido para construír servizos de valor engadido ou integralos na lóxica de aplicacións de usuario.
  • Servizos de transformación que permitan transformar os datos xeográficos para conseguir a súa interoperabilidade.
Directorio do catálogo
Detectouse unha opción incorrecta. Por favor contacte co/a administrador/a do sitio.

Sentímolo. Non hai resultados.