INFORMACIÓN XEOGRÁFICA DE GALICIA
galego
castellano
Mapa
Xunta de Galicia
Seleccione búsqueda
Seleccionar Capas
Imprimir
Compartir
Facebook Twiter email

AVISO IMPORTANTE
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal. Xunta de Galicia

Aviso legal

Información xeral

O contido deste Visor de Información Xeolocalizada dos espazos suxeitos a algún réxime de protección ou afectados por algunha lexislación de protección do dominio público, conforme aos datos subministrados polos distintos órganos competentes, facilítase de forma que permita aos operadores económicos unha planificación na xestión forestal respectuosa cos devanditos espazos, co carácter de ferramenta corporativa de acceso fiable ás afeccións que nela constan.

No que toca á información xeorreferenciada das afeccións ao patrimonio cultural de Galicia, e conforme ao disposto na disposición adicional decimoterceira da Lei 5/2016, do 4 de maio, de Patrimonio Cultural de Galicia, ese carácter de ferramenta corporativa de acceso fiable só se predica dos datos que constan nos plans xerais de ordenación municipal aprobados, incorporados a esa información. Todo elo sen prexuízo de que as persoas interesadas poidan solicitar á Dirección Xeral do Patrimonio Cultural un pronunciamento específico sobre a protección concreta dalgún ben do patrimonio cultural e o alcance das medidas de protección que é necesario desenvolver nun determinado predio segundo o tipo de actividade.
A Información xeolocalizada será obxecto de actualización permanente na procura da certeza dos datos xeorreferenciados.

Propiedade intelectual e industrial

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A información dispoñible neste Visor, salvo indicación expresa en contrario, é susceptible de reutilización, quedando autorizada a súa reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación, para usos comerciais e non comerciais, con suxeición ás seguintes condicións:
  1. Queda prohibida en calquera circunstancia a desnaturalización do contido da información.
  2. O usuario queda obrigado a citar a fonte dos documentos obxecto da reutilización. Esta licenza non reduce ou restrinxe os dereitos exclusivos do titular dos dereitos de propiedade intelectual, tales como o deseño do Visor e códigos fonte, marcas, nomes comerciais, logos ou signos distintivos, de acordo coa Lei de propiedade intelectual ou calquera outras leis aplicables.

Uso de linguas

A Disposición adicional sexta da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, determina que se garantirá o uso das linguas oficiais do Estado nas relacións por medios electrónicos dos cidadáns coas Administracións Públicas, nos termos previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións públicas, e na normativa que en cada caso resulte de aplicación. A estes efectos, o Visor posibilitará o acceso aos seus contidos e servizos en galego e castelán.

Ao aceptar o usuario recoñece e acepta este aviso legal para todos os servizos ofrecidos neste visor