Este visualizador permite a consulta e análise de capas de información relacionadas coa ocupación do solo e a paisaxe de Galicia.
Para representar as capas do Siose creáronse agregados de coberturas, este criterio foi común para os 4 anos.
Para representar o Mapa de Coberturas e Usos de Galicia empregouse unha aproximación ó agregado de SIOSE.
Na elaboración das capas de Evolución de Coberturas do Siose, empregáronse únicamente agrupacións de coberturas xeradas mediante consultas ao Modelo de Datos Siose.
A lenda do visor das capas do SIOSE correspóndese ao agregado xerado a partir do SIOSE.
Para obter información das capas SIOSE, debe activar a ferramenta de información , que tornará vermella e a continuación debe seleccionar co punteiro o polígono do que se require a información.