Este sitio web foi deseñado co obxectivo de que todas as persoas poidan navegar polos seus contidos sen atopar dificultades no acceso.
A política de accesibilidade aplicada neste sitio web está aliñada coas esixencias do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social.
As páxinas deste sitio web cumpren a marca AA segundo a Norma UNE 139803:2012 e as Directrices de Accesibilidade para a Contido Web 2.0 (WCAG 2.0) pola Iniciativa de Accesibilidade Web (WAI) do World Wide Web Consortium (W3C). Todos os requisitos do Nivel A e do Nivel AA foron comprobados e corrixidos mediante unha análise semi-automática da accesibilidade a través de diferentes ferramentas.
Recoméndase utilizar as versións máis recentes de navegadores tales como Mozilla Firefox, Chrome, Opera, Internet Explorer, Safari, etc.
Para a correcta visualización do portal gráfico cómpre poder executar Javascript.
O alcance desta declaración de conformidade da accesibilidade é de todas as páxinas deste sitio web baixo o dominio mapas.xunta.es que manteñan a mesma cabeceira e pé de páxina que a portada do sitio web.
A última revisión manual de accesibilidade deste portal foi realizada con data 17/07/2014.
Co obxecto de mellorar de forma continuada a accesibilidade deste portal, a Xunta de Galicia convida a que a cidadanía notifique as dificultades coas que se puido atopar, ademais de calquera outra suxestión en relación á accesibilidade, a través de calquera das modalidades de presentación que ten dispoñibles o Sistema integrado de atención á cidadanía.
O acceso ás características de accesibilidade varía entre os navegadores máis utilizados. Nesta sección descríbense os métodos concretos para sacar o maior partido ás facilidades que proporciona cada un deles.
O acceso ás ligazóns que teñen unha tecla de acceso rápido definida realízase pulsando distintas combinacións de teclas segundo o navegador:
En Macintosh a tecla Alt substitúese pola tecla Ctrl.
Neste portal están dispoñibles as teclas de acceso rápido:
No caso de haber tabs as teclas son:
E así sucesivamente.
As páxinas do portal da Xunta de Galicia especifican o tamaño dos textos de forma relativa, é dicir, permiten que os navegadores aumenten ou diminúan o tamaño dos textos segundo as preferencias do usuario, e sen crear problemas de visualización.
Pode controlar o tamaño dos textos no seu navegador da seguinte maneira:
Para facilitar a navegación e identificación deste portal, todas as súas páxinas manteñen compoñentes comúns como a cabeceira e o pé de páxina.
A cabeceira contén, principalmente:
O pé contén, principalmente: