IDEG
Web Coverage Service (WCS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición dos servizos que permite compartir datos raster na web. Este servizo devolve datos nun formato que se pode utilizar como datos para análises e modelado.
O Proxecto Toponimia de Galicia pretende recoller toda a toponimia galega, tanto a referida a entidades de poboación como xeográficas (nomes de terras, fontes, regueros, areais...). Este proxecto ponnos ao alcance un buscador que permite localizar topónimos sobre unha fotografía aérea ou a través dun formulario para procuras máis avanzadas: https://galicianomeada.xunta.gal/sixtop/inicio.
Web Feature Service (WFS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición do servizo de entidades vectoriais que proporciona a información xeográfica relativa á entidade almacenada nunha capa vectorial (cobertura) que reúnen as características formuladas nunha consulta especifica.
A través deste xeoportal, pódese acceder a un Visualizador de mapas, onde poderemos ver un gran número de capas cartográficas, así como incluír outra información en forma de servizos web que proveña doutros organismos. Tamén podemos obter un mapa en formato PDF das capas que esteamos a visualizar ou realizar consultas espaciais, consultas alfanuméricas, exportación a formatos vectoriais, e un gran número de operacións.
Web Catalogue Service (CSW) é unha especificación técnica elaborada o Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición do servizo buscador de información xeográfica a través dos metadatos que a definen.
Para buscar a información xeográfica dispoñible sobre o territorio galego, a IDE de Galicia dispón dun XeoCatáogo no que se pode localizar calquera tipo de datos xeográfico coas súas características, propiedades e formas de uso.
Servizo buscador de Información Xeográfica a través dos metadatos que a definen: Catálogo de metadatos
Open Geospatial Consortium (OGC) é un consorcio internacional de compañías, organismos gobernamentais e universidades que participan nun proceso de consenso para desenvolver especificacións ou estándares para a Información Xeográfica.
Web Map Service (WMS) é unha especificación técnica elaborada polo Open Geospatial Consortium (OGC) para a definición dos servizos de visualización de mapas na web. Produce mapas en formato imaxe (PNG, GIF ou JPEG) á demanda para ser visualizados por unha navegador web ou nun cliente simple.
Unha IDE (Infraestrutura de Datos Espaciais) é un sistema informático integrado por un conxunto de datos e servizos (descritos a través dos seus metadatos) que son xestionados a través de Internet, conforme a estándares que regulan e garanten a interoperabilidade dos seus datos e a acordos políticos que permiten que un/unha usuario/a, por medio dun simple navegador, poida atopar, visualizar, acceder e combinar a Información Xeográfica segundo as súas necesidades.
Se queremos un mapa dixital en formato físico (copia fotográfica, ploteado) ou en soporte dixital (CD, DVD, ou dispositivo de memoria) pódense consultar os produtos dispoñibles na web http://mapas.xunta.gal/produtos-cartograficos e para realizar o pedido, dispoñemos de tres opcións:
En determinados casos (series cartográficas en PDF, ficheiros LiDAR, etc) pódese acceder ao Centro de Descargas para obter estes ficheiros.
Se desexamos unha fotografía aérea en formato físico (copia fotográfica, ploteado ou fotocopia) ou en soporte dixital (CD, DVD, ou dispositivo de memoria), pódense consultar os produtos existentes no apartado de mapas desta web, e para realizar o pedido, dispoñemos de tres opcións:
Se só necesitamos visualizar unha zona do territorio desde o aire, o Visualizador de mapas dispón de varias coberturas de fotografías aéreas en forma de ortofotos en diferentes datas.
Se queremos unha capa SIX ou unha cartografía en soporte dixital pódense consultar os produtos dispoñibles no apartado de Mapas desta web. Para conseguir o produto, dispoñemos de catro opcións:
Se polo volume da información solicitada, por non estar esta en formato dixital ou pola dificultade para ser realizada a descarga non fose posible facelo mediante estas dúas opcións, podese tamén:
Os servizos de visualización de mapas baseados no estándar WMS poden cargarse desde aplicacións clientes lixeiras sobre o navegador de internet ou programas de manexo de datos SIX (que requiren unha instalación previa de software, como ArcMap, Geomedia, uDig, gvSIG ou Qgis).
Tamén é posible visualizar estes servizos sobre a aplicación GoogleEarth. As URL dos servizos WMS non son hiperligazóns de acceso directo, senón cadeas de texto que se deben copiar e pegar no apartado correspondente do programa cliente que manexemos.