Posta en funcionamento do novo visor do Plan de Ordenación do Litoral

A partir de hoxe poderase acceder mediante este visor á información xeográfica do Plan de Ordenación do Litoral.

O novo visor fai posible a visualización da información xeográfica do Plan de Ordenación do Litoral, ao tempo que permite a súa descarga no sistema de referencia ETRS89 (European Terrestrial Reference System 1989), como novo sistema de referencia xeodésico oficial en España regulado polo Real Decreto 1071/2007 de 27 de xullo, e que dende o ano 2015 obriga a dispoñer a información xeográfica no novo sistema de referencia.

O propio visor tamén permite a descarga de todas as series cartográficas, mediante a distribución de follas que nos amosa o visor nas capas que veñen visibles por defecto, o que fai posible unha localización máis doada dos ámbitos que se queren consultar ou descargar.

Esta ferramenta está accesible na web do Plan de Ordenación do Litoral.

Tamén se pode acceder directamente desde o visor do Plan de Ordenación do Litoral.