O Instituto de Estudos do Territorio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio en colaboración coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia vén de presentar a nova base topográfica galega (BTG10) na xornada sobre avances da información xeográfica no ámbito autonómico e municipal, celebrada o pasado mes marzo na cidade de A Coruña.
Esta base xa se atopa incorporada no visor básico, así como no de Conservación da Natureza, e irase engadindo ao resto dos visores accesibles dende a sección de información sectorial.
Así mesmo, engadiuse no visor básico, con motivo do 200 aniversario do comezo das tarefas de medición da Carta Xeométrica de Galicia realizadas por Domingo Fontán, esta primeira cartografía con carácter métrico de Galicia.
Ámbolos dous mapas pasan a formar parte da relación de mapas de fondo contidos nos diferentes visores e sobre os que se pode superpor o resto de información temática específica.
De cara ao futuro estase a traballar para poñer dispoñibles os servizos web da nova base topográfica e que poidan ser consumidos polos usuarios mediante ferramentas SIX ou incluso en aplicacións para dispositivos móbiles.